26/04/19

XORNADA DE PATINAXE

Por quendas, todo o alumnado de centro participou nunha xornada de patinaxe levada a cabo no ximnasio.
Foi moi divertido. Observade que ben o pasaron os distintos grupos.

30/03/19

ATLETISMO NO CUVI


Un curso máis o alumnado de 5º participamos, xunto co alumnado doutros centros, nunha xornada  de atletismo nas instalacións deportivas do CUVI.
Foi unha actividade moi interesante na que cada un de nós puxo o máximo esforzo na realización das distintas probas, pero o importante foi sentirnos como verdadeiros atletas, pois había monitores que controlaban os tempos e as distancias. Animámonos uns aos outros e estivemos encantados.


21/11/18

XORNADA DE XOGOS POPULARES

Con motivo do Día do Magosto, todo o alumnado do centro participou nunha xornada de XOGOS POPULARES na que, co alumnado de 6º como monitores, se levaron a cabo os seguintes xogos:

BAILE DA CASTAÑA
ESPIRAL/CARREIRA TOLA
BIRLOS SALTÓNS

CASTAÑAS POR UN TUBO















Foi unha xornada estupenda na que rimos, xogamos e nos movemos un montón sen ningún afán de competitividade, só polo feito de pasalo moi ben.

29/04/18

FIN DE SEMANA OLÍMPICO


OLIMPÍADAS EN TEIS

Un ano máis, en colaboración coa ANPA, o alumnado do colexio Santa Tegra, xunto con outros centros da zona, o sábado 21 de abril participou nas V Olimpíadas de Teis e o domingo 22 de abril na 5ª edición da Liga de Natación Escolar de Vigo.
As actividades que houbo o sábado foron: balomán, baile moderno, pentatlón e acrosport.
Foi unha xornada de convivencia, moi lúdica e ao mesmo tempo deportiva.
QUE CONTENTOS COAS NOSAS MEDALLAS!!!